Mellora de condicións de uso, equipamento e posta en valor dunha zona singular da aldea Casas do Porto. Nesta zona emprázase unha antiga pía, que se pretende recuperar e poñer en valor, ademais dun lavadoiro que tamén se vai rehabilitar, co obxectivo de xerar un espazo de reunión e referencia xeográfica, tanto para os propios veciños da aldea como para os sendeiristas e ciclistas que transitan por esa ruta.

Unha vez rehabilitada a zona, colocarase un panel informativo coas características etnográficas da zona.

Serán os integrantes da asociación de veciños os que se encarguen das tarefas de mantemento habitual.

Promotor: Asociación de veciños/as aldea Casas do Porto

Investimento: 45.909,09 €

Axuda Pública: 8.774,86 €

Consolidación de emprego (UTAS): 0

Creación de emprego (UTAS): 0

Lugar: Casas do Porto – San Mamede (Concello de Rois)

Deixa unha resposta

Your email address will not be published. Required fields are marked *

Post comment