As actuacións a realizar son de subministro e equipamento de mobiliario do Club de xubilados de Porto do Son para poder poñer en funcionamento o edificio.

Para levar a cabo esta actuación dotarase ao espazo das seguintes distribucións:

– Dous despachos (un despacho: destinado ao arquivo da documentación do club, labores de xestión, reunións da xunta directiva do club, labores administrativas…), outro despacho (recepción e atención ao público e socios,…).

– Aula (realización de actividades formativas, talleres, actividades variadas desenvolvidas polos socios, co obxecto de fomentar a súa vida cotiá como talleres de memoria, actividades manuais…)

– Espazo para os xubilados: zona de uso común dos socios, espazo polivalente que pode ser utilizado polos socios de forma habitual, trátase dun lugar de esparcemento,…

– Cociña: trátase dun servizo de apoio ás outras instalacións do club, ofrecendo comidas a pequena escala e refrixerios aos usuarios das instalacións.

Promotor: Concello de Pobra do Caramiñal.

Investimento: 98.360,08 euros.

Axuda pública: 8.184,34 euros.

Consolidación de emprego: (UTAS): 0.

Creación de emprego: (UTAS): 0.

Lugar: Campiño. Concello da Pobra do Caramiñal.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published. Required fields are marked *

Post comment