O proxecto consiste na restauración do retablo da virxe das dores que se atopa no lado dereito da igrexa parroquial de San Mamede de Rois, edificación do s. XVIII do Barroco rural galego. O retablo é un ben catalogado pola Dirección Xeral de Patrimonio e Cultura (Consellería de Cultura. Xunta de Galicia).

O seu estado de conservación é ruinoso. O paso do tempo e as humidades deron lugar a que sufrira perdas de elementos decorativos, faltas de policromía, ataques de insectos xilófagos, repintes xeneralizados, etc.

Promotor: Asociación de veciños Sanamede de Rois

Investimento: 28.948,04 €

Axuda Pública: 22.289,99 €

Consolidación de emprego (UTAS): 0

Creación de emprego (UTAS): 0

Lugar: Rois (Concello de Rois)