O proxecto consiste na construción dun sendeiro fluvial a carón do río Lobo, en concreto dende a Ponte de San Francisco (límite do concello de Noia) ao lugar de Carabeiras (parroquia de San Pedro de Tállara).
As obras consistirán na: apertura de sobreanchos, no desbroce manual e selectivo, despexe e desbroce, subministro de zahorra artificial, colocación de 7 pasantes de pedra, 4 paneis directorios de planimétrico cultural, 2 paneis directorios panorámicos e 4 papeleiras con cuba.
Promotor: Concello de Lousame
Investimento: 59.869,82 €
Axuda Pública: 45.381,32 €
Consolidación de emprego (UTAS): 0
Creación de emprego (UTAS): 0
Lugar: Sendeiro fluvial a carón do río Lobo (Concello de Lousame)