
Integrados é unha entidade que ofrece servizos para a rehabilitación, a integración e a inserción laboral para persoas con discapacidade intelectual e autismo, que pertencen a parroquias e núcleos rurais dispersos dentro do ámbito xeográfico das comarcas de Barbanza e Noia.
A dificultade que estas persoas teñen de por si, engadido á dispersión poboacional da zona onde residen, as distancias, a oreografía, o déficit en trasporte público adaptado, fan necesarias actuacións para ampliar a rede de transporte adaptado, de cara a conseguir ampliar o número de persoas que poidan acceder aos servizos que presta a entidade. Coa posta en marcha do proxecto preténdese a compra dun vehículo adaptado, que posibilitará que máis persoas con discapacidade, poidan acceder aos servizos que presta a asociación.
Promotor: ociación Integrados.
Investimento: 39.528,64 euros.
Axuda pública: 10.388,58 euros
Consolidación de emprego: (UTAS): 0.
Creación de emprego: (UTAS): 0.
Lugar: Oleiros. Concello de Ribeira.