O proxecto Talentos Diversos promove a creación dunha nova de metodoloxía de  formación laboral pioneira baseada na formación dual, e no emprego con apoio.

A localización do proxecto está no Polígono Industrial de Xarás, esta situación facilita o contacto coas empresas da comarca.

Con este proxecto pretendese romper as barreiras que teñen as persoas con diversidade no acceso ó emprego por falta de experiencia específica en postos de traballo e xerar confianza no sector empresarial para que coñezan o talento e potencial das persoas con diversidade.

Promotor: Asociación Ambar.

Investimento: 83.868,29 euros.

Axuda pública: 39.061,91 euros.

Consolidación de emprego (UTAS): 0.

Creación de emprego (UTAS): 2.

Lugar: Polígono Industrial de Xarás, no Concello de Ribeira.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published. Required fields are marked *

Post comment