Adquisición dunha furgoneta adaptada de nove prazas, para realizar o servizo de transporte adaptado no concello de Outes. Realizarase o transporte das persoas con discapacidade dende os seus domicilios ata o Centro de Recursos de Valadares (Centro Ocupacional e de Día), ademais atenderanse aquelas demandas que soliciten este servizo para a realización de diversos trámites como: médicos, administrativos, ocio, etc.
Os destinatarios serán as persoas con discapacidade do concello de Outes. En este momento están asistindo ao Centro 16 persoas (10 homes e 6 mulleres), unha persoa con discapacidade física e todos os demais con discapacidade intelectual.
Ademais prestan servizo de transporte adaptado, para casos individuais, a outras 50 persoas con discapacidade deste concello, cando se necesita para realizar trámites administrativos, médicos, etc. O servizo de transporte adaptado será totalmente gratuíto para os seus usuarios.
Promotor: Asociación de Discapacitados da Bisbarra de Muros
Investimento: 30.304,88 €
Axuda Pública: 23.486,28 €
Consolidación de emprego (UTAS): 0
Creación de emprego (UTAS): 0
Lugar: As Touzas – Valadares (Concello de Outes)