O proxecto consiste nun centro de ocio infantil, consistente na instalación dun parque de bolas e un campo de fútbol, que se complementa cunha área de espera para os maiores onde se serviran todo tipo de snacks. As novas estruturas psicomotrices e o persoal encargado de seguridade, teñen por obxectivo dar cobertura a nenos e a nenas (entre 2 e 12 anos) de maneira que poidan divertirse de maneira sa, sen riscos e ao final desenvolver a súa psicomotricidade.
Promotor: Paula Rivadeneira Leis
Investimento: 37.075,21 €
Axuda Pública: 16.313,09 €
Consolidación de emprego (UTAS): 0
Creación de emprego (UTAS): 1
Lugar: Baño (Concello de Muros)