Creatinn

Título do proxecto

Bases para a construcción dun sistema de innovación transrexional en SUDOE, fundamentado na creatividade para a innovación das Empresas, co apoio das Universidades, Administracións Públicas e o ámbito social das rexións participantes: CREATINN

Introducción

O proxecto CREATINN ten como soporte teórico o concepto de sistema de innovación, e como base empírica, a experiencia de traballo das organizacións participantes no proxecto, e a clave está en contribuír a que os actores que operan actualmente en sistemas de innovación rexionais dean o salto á la transrexionalidade e poida chegar a consolidarse un verdadeiro sistema de innovación transrexional en SUDOE.

O proxecto CREATINN concentra a atención na creatividade e innovación nas Empresas, con fins de mellora da súa competitividade, co apoio dos compoñentes dos sistemas de innovación onde operan, nun ambiente de interacción transrexional en SUDOE.

Duración

2 anos ( Xaneiro 2011 – Decembro 2012 )

Ámbito

Galicia, Sevilla, País Vasco, Salamanca, e Cantabria en España

Aquitaine e Midi-Pyrénées en Francia

Rexión Centro de Portugal

Obxectivos

O obxectivo xeral do proxecto CREATINN é contribuir á creación de riqueza mediante o lanzamento dun instrumento de apoio sistemático á competitividade das Empresas en sectores estratégicos das rexións SUDOE participantes, sobre a base da creatividade e a innovación. Para iso, precísase a implicación de Universidades, Organismos de Investigación e Centros Tecnolóxicos, Administracións Públicas e a Sociedade, de modo que se poida chegar a constituír un sistema de innovación transrexional en SUDOE.

Os obxectivos operativos do proxecto CREATINN son os seguintes:

1- DETECCIÓN DE ACTORES EN INNOVACIÓN: Detectar Empresas e grupos de investigación de Universidades con potencial e interés en participar en accións de carácter transrexional.

2- SENSIBILIZACIÓN PARA A INNOVACIÓN: Implicar aos actores interesados nun calendario de actuacións baseadas na creatividade e a innovación cunha perspectiva transrexional en SUDOE.

3- FORMACIÓN NA METODOLOXÍA E INSTRUMENTOS: Aportar formación ao personal das organizacións participantes en metodoloxías e instrumentos de desenvolvemento da creatividade e xestión da innovación.

4– REFLEXIÓN SOBRE A CREATIVIDADE: Actuar directamente en Empresas interesadas para lograr a proposta de ideas creativas dirixidas á mellora da competitividade.

5- ELABORACIÓN DA AXENDA DE INNOVACIÓN: Elaborar una carteIera con propostas de proxectos de innovación de Empresas, a partir de ideas creativas e como aplicación de metodoloxías e instrumentos sobre xestión de innovación.

6- TRANSREXIONALIZACIÓN SISTÉMICA: Construír as bases do sistema de innovación transrexional, nas súas dimensións organizacional, institucional e social.