La Ida

imaxe de exemplo

¿Qué é La Ida?

“LA IDA” é un proxecto financiado integramente polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do programa federal alemán de “Integración a través do Intercambio” A denominación completa do proxecto é “Vías transnacionais para a integración no mercado laboral e o desenvolvemento rexional”.

¿Cómo se puxo en marcha?

A través dun acordo de cooperación transnacional asinado entre a Fundación Paideia Galiza e o IBI alemán (Institut für Bildung in der Informationsgesellschaft e. V.) Ó IBI é un Instituto de formación para a Sociedad da Información, cuxo obxectivo é estudar e apoiar os procesos de formación nun contexto caracterizado polo rápido desenvolvemento dos medios dixitais. A súa sé atópase en Berlín (Alemaña).

Obxectivo

A idea principal deste proxecto é proporcionar a estes mozos unha experiencia transnacional que lles sirva como cualificación complementaria e mellore os seus coñecementos do idioma español. O obxectivo final non é outro que mellorar as súas posibilidades laborais nun futuro inmediato.

Faro

Beneficiarios

No marco deste proxecto organízanse estadías transnacionais para mozos do Estado alemán de Brandenburgo desfavorecidos ou en situación de desemprego.

Duración do proxecto

O primeiro grupo de expertos visitou Galicia en setembro de 2009, e os primeiros mozos chegaron en outubro dese mesmo ano. En 2010 viñeron xa dous grupos de mozos (febreiro-marzo e abril) e en setembro está prevista a chegada de novos grupos. Está previsto que este proxecto teña unha duración de 3 anos.