Leonardo PROD

imaxe de exemplo

Título do proxecto:

Orientación profesional de persoas con discapacidade (PROD).

Introdución:

Éste proxecto encádrase no apartado de asociacións Leonardo da Vinci (Leonardo da Vinci partnerships). As asociacións Leonardo constitúen un cadro para o desenvolvemento de actividades de cooperación entre institucións europeas dedicadas ao ámbito da educación e formación profesional que cooperan sobre temas de interese común.

Duración:

2 anos (agosto 2011- xullo 2013).

Obxectivo:
  • Implementar nos países socios métodos para orientar ás persoas con discapacidade cara a unha formación e inserción profesional, e tratar de reducir as barreiras para acceder á mesma e ao mercado laboral.
  • Desenvolver unha perspectiva conveniente, axeitada á estrutura dos socios, baseada na resolución de problemas e na diseminación de boas prácticas comunes.
  • Contribuír a unha maior sensibilización a través de pósters, folletos, sitio web e medios de comunicación.
  • Contribuír ao desenvolvemento da capacidade institucional de cada un dos socios.
  • Contribuir á mellora das competencias lingüísticas, profesionais e culturais dos beneficiarios, persoal do proxecto e alumnos.

Faro

Modificacións:

Inicialmente o coordinador do proyecto ía ser o socio turco (Türkiye Beyazay Dernegi Kahramanmaras Subesi), pero iste veuse obrigado a renunciar ao proxecto, de xeito que Deloa pasou a coordinar o proxecto desde as fases iniciais do mesmo, co acordo de todos os socios.

En canto aos socios, en decembro de 2011 o socio italiano (Agenzia per la Formazione e il Lavoro) veuse obrigado a abandoar o proxecto debido a problemas internos da súa organización.

Como consecuencia destes cambios foi necesario modificar o calendario de reunións internacionais previstas, así como redistribuir as tarefas entre os socios finais do proxecto.