Leonardo

imaxe de exemplo

Título do proxecto:

Asesoramento baseado na competencia como clave para o desenvolvemento da empregabilidade ao longo da vida.

Introdución:

Éste proxecto encádrase no apartado de asociacións Leonardo da Vinci (Leonardo da Vinci partnerships). As asociacións Leonardo constitúen un cadro para o desenvolvemento de actividades de cooperación entre institucións europeas dedicadas ao ámbito da educación e formación profesional que cooperan sobre temas de interese común.

Duración:

2 anos (agosto 2009- xuño 2011).

Obxectivo:

O obxectivo xeral do programa Leonardo é aumentar o atractivo da Formación Profesional e da mobilidade para as empresas e os individuos e facilitar a mobilidade de traballadores en formación. O obxectivo final deste proxecto é a elaboración dun manual que serva aos especialistas que traballan no asesoramento sobre formación profesional como guía para axudar á xente que se atopa fóra do mercado laboral, axudándolles a:

  • Descubrir o seu potencial real e capacidades cara ao mercado laboral.
  • Recoñecer as súas competencias
  • Aprender as habilidades básicas e as competencias requiridas polo mundo laboral e mais pola sociedade en xeral.

Faro

Socios:

A asociación está formada por socios de sete países da Unión Europea. Todas as institucións participantes traballan con persoas en risco de exclusión social, tanto por mor do fracaso escolar, como do ambiente socio-económico, ou por ter algunha discapacidade.

  • Lituania (coordinador): Klaipedos darbo Rinko Mokymo ir Konsultavimo Tarnyba (centro de asesoramento sobre formación profesional)

Máis información:   http://www.klaipedosdarborinka.lt/

  • España: Fundación Paideia Galiza

Máis información:   www.paideia.es

  • Países Bajos: Noorderpoortcollege (Centro de formación profesional)

Máis información:   http://www.noorderpoort.nl/

  • Finlandia: Abo yrkesinstitute (Centro de formación profesional).

Máis información:   http://www.turkuai.fi

  • Austria: Institut für Gesellschaftswissenschaftliche Forschung, Bildung und Information (Centro de información sobre a formación ao longo da vida)

Máis información:   http://www.uibk.ac.at/fbi/

  • Alemaña: LeeWerk gemeinutzige GmbH (organización non gubernamental)

Máis información:   http://www.leewerk.de/

  • Estonia: Javarmaa Kutsehariduskeskus (Centro de formación profesional).

Máis información:   http://www.jkhk.ee/