Leonardo Formaurbs

imaxe de exemplo

Título do proxecto:

Intercambio de educación e formación profesional para os alumnos e os profesionais que traballan no espazo público e a paisaxe urbana: FORMAURBS.

Introdución:

Éste proxecto encádrase no apartado de asociacións Leonardo da Vinci (Leonardo da Vinci partnerships). As asociacións Leonardo constitúen un cadro para o desenvolvemento de actividades de cooperación entre institucións europeas dedicadas ao ámbito da educación e formación profesional que cooperan sobre temas de interese común.

Duración:

2 anos (agosto 2011- xullo 2013).

Obxectivo:

1.- Intercambio de experiencias das iniciativas sobre formación, educación e cualificacións de profesionais no espazo urbano e paisaxes, comparando nun marco transnacional as situacións nas cidades do Este e do Oeste e adaptalas ao seu propio currículo.

2.- Pensar sobre o xeito en que se reenfoca o espazo público nos últimos 20 anos en Europa, comparando contextos nacionais e enfoques sobre a formación de alumnos e educadores conforme á súa Formación Profesional e Educación.

3.- Asumir por cada cada socio del EQF y ECVET, a valoración das novas cualificacións nun nivel europeo, baseadas no recoñecemento do aprendizaje a través do traballo.

4.- Posta en común de enfoques innovadores e os enfoques más eficientes na formación en paisaxismo y avaliar a vantaxe de aplicalos para cada socio.

5.- Optimizar a formación de formadores no ámbito urbano sobre a base dos recursos e a metodoloxía innovadora on-line.

6.- Dar valor engadido á formación de profesionais no ámbito urbano a través de enfoques estéticos , culturais e educacionais adaptados ás distintas realidades culturais y comportamentais, así como ao funcionamiento da administración e outros corpos públicos.

7.- Desenvolver sinerxías coa comunidade local para transferirlles as accións levadas a cabo por los socios e negociar con eles o contido para os alumnos ou suxerirlles módulos de formación de proximidade.