Programa Leader – GDR Deloa

¿Qué é o GDR Deloa?

O GDR Deloa é unha asociación sen fin de lucro, integrada por un conxunto equilibrado e representativo de institucións públicas e privadas que desexan implicarse no desenvolvemento do programa Leader das comarcas de Barbanza, Sar, Noia e Concello de Muros.

O GDR respetará o principio de portas abertas, tanto durante a súa constitución como ao longo de todo o período de execución do programa, admitindo a calquera entidade que queira participar neste proxecto, sempre que reúna todos os requisitos esixidos para adquirir a condición de asociado.

Estructura do GDR: Órganos de goberno

Os órganos de goberno da Asociación son a Asemblea Xeral, a Xunta Directiva e as Mesas Sectoriais.

A Asemblea Xeral é o órgano supremo de goberno da Asociación. Estará integrada por todos os asociados.

A Xunta Directiva é o órgano con facultades xestoras, executivas e de representación da Asociación. Está constituída por 21 asociados, 9 pertencentes ao sector público e 12 ao sector privado.

As mesas sectoriais créanse para servir de canle participativa na asociación dos actores implicados no desenvolvemento do territorio e de canle informativa das actividades da Asociación. As mesas sectoriais de Deloa son as seguintes:

  • Mesa das asociacións xuvenís e deportivas.
  • Mesa das asociacións de mulleres.
  • Mesa do sector agroforestal e medioambiental.
  • Mesa das asociacións socioculturais.
  • Mesa do sector turismo.
  • Mesa das asociacións de discapacitados e sociais.
  • Mesa das asociacións empresariais.
  • Mesa institucional.

O conxunto dos axentes do sector privado terán máis do 51 % dos votos.

¿Cómo podo adherirme ao GDR Deloa?