Programa Leader – Leader 2014-2020

Presentación da Solicitude de axuda.

Os promotores dirixirán a solicitude de axuda ao GDR 18, Asociación de Desarrollo Local Deloa, segundo modelo normalizado.

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, vistar páxina 

A presentación electrónica será obrigatoria para: as persoas xurídicas de carácter privado, as entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores; e tamén para as comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.

Ámbito xeográfico

O ámbito xeográfico de actuación do GDR “Asociación de Desarrollo Local Deloa” está conformado polos 12 concellos que se relacionan a continuación: Riveira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Dodro, Padrón, Rois, Lousame, Outes, Porto do Son, Noia e Muros.

Deste ámbito xeográfico exceptúanse as entidades singulares de poboación, de Riveira, Boiro e Noia, por superar os limiares previstos na epígrafe V das bases reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local e para a selección e o recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural (DOG núm. 42, do 2 de marzo de 2016 ).

Documentación a presentar xunto coa solicitude de axuda

  1. Documentación acreditativa da personalidade do solicitante e, de ser o caso, da representación do solicitante.
  2. Declaración censual tributaria (modelo 036 ou 037) ou compromiso de comunicar o inicio de actividade á AEAT, cando o proxecto supoña o inicio dunha actividade empresarial.
  3. Documentación acreditativa de que se cumpre co requisito de ser pequena empresa: últimas contas depositadas no rexistro correspondente e última memoria anual de actividades aprobada pola entidade, na cal figure o número de persoas empregadas do último exercicio pechado, o volume de negocio e o balance anual.
  4. Informe do cadro de persoal medio de traballadores en situación de alta na empresa, correspondente aos 12 meses anteriores á data de presentación da solicitude de axuda, expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
  5. Informe de vida laboral da/s conta/s de cotización da empresa e/ou dos traballadores autónomos, correspondente aos 12 meses anteriores á data de presentación da solicitude de axuda.
  6. Memoria e resumo do proxecto en documento normalizado (anexo III –plan de empresa– para proxectos produtivos e anexo IV –plan de xestión– para proxectos non produtivos), no cal se reflicta a situación de partida, os obxectivos que se perseguen coa súa posta en marcha e a metodoloxía de traballo, así como as explicacións necesarias para a correcta comprensión do proxecto. O/s solicitante/s debe/n ter en conta que esta información vai ser tomada en consideración para valorar o cumprimento dos requisitos dos proxectos e para aplicar os criterios de selección que o GDR teña aprobados. Para proxectos de natureza produtivos, a memoria resumo do proxecto deberá incluír unha previsión do plan de empresa que abranguerá polo menos 5 anos, coa xustificación da súa viabilidade económica financeira. Para proxectos de natureza non produtiva, a memoria resumo do proxecto deberá incluír unha previsión do plan de xestión da actividade e/ou do investimento que abranguerá polo menos 5 anos.
  7. Orzamento de gastos, desagregados por partidas, necesarios para a execución do proxecto (anexo V).
  8. Relación de ofertas solicitadas e elixidas, nos termos indicados no artigo 10 destas bases reguladoras, segundo os documentos normalizados (anexo VI A e declaración segundo o modelo normalizado do anexo VI B).
  9. De ser o caso, documentación acreditativa da non suxeición ou exención do IVE, de modo que se constate que é efectivamente soportado polo beneficiario e non recuperable.
  10. No suposto de investimentos en explotacións agrarias, código de explotación agraria ou, no seu defecto, rexistro oficial que corresponda á explotación agraria.
  11. No suposto de proxectos de diversificación de explotacións agrarias cara actividades non agrarias (ficha de elixibilidade IV), deberá achegarse a acreditación do grao de parentesco. Neste suposto deberá achegarse tamén o certificado de empadroamento, só no caso de denegarlle expresamente a Agader a súa consulta.
  12. Plano do Sixpac indicando as coordenadas da localización da operación.
  13. No caso de empresas xa existentes, licenza de actividade do concello ou, de ser o caso, acreditación da presentación da comunicación previa establecida no artigo 24 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
  14. No caso de que unha operación inclúa obra civil, anteproxecto ou memoria valorada, asinado por técnico competente na materia.
  15. Calquera outra documentación ou información adicional que o interesado considere de interese para unha mellor análise e valoración do proxecto.
  16. A documentación necesaria para valorar os items que figuran nos criterios de valoración do GDR (pódense consultar no documento Parte V. Normas para a xestión da estratexia de desenvolvemento local). NORMAS DE XESTIÓN

Documentación de interese

PDF  CONVOCATORIA 2017

PDF  BASES REGULADORAS AXUDAS LEADER

PDF  NORMAS PARA A XESTIÓN DA ESTRATEXIA