Ruralover

imaxe de exemplo

En novembro de 2007, ponse en marcha, da man da Fundación Paideia Galiza un proxecto para a promoción e desenvolvemento turístico das Comarcas de O Sar e Barbanza, posteriormente ampliándose ás de Muros e Noia, no que se implica tanto a administración local como a empresa privada, coa axuda de fondos europeos (FSE)sendo o resultado a creación da Rede de produtos e servicios turísticos Ruralover: unha agrupación de empresas destinada a fortalecer experiencias e alianzas, e a conformar un escenario común cunha serie de actores implicados no desenvolvemento dun sistema turístico rural sostible.

Para elo deseñouse unha estratexia, que ten como obxectivo final a promoción turística do conxunto do seu territorio. Incidiuse de maneira xenérica na súa promoción, gastronomía, sinalización, medio ambiente, cultura, na creación de paquetes turísticos, na distribución da oferta a través de novos canles, así como na comercialización de cada unha das empresas e servizos adheridos, complementándose cun servicio de transporte discrecional para facilitar os desprazamentos, transfer e traslados ás diferentes actividades e rutas. Actualmente Ruralover é un servicio de comercialización turística en rede liderado na súa grande maioría por mulleres emprendedoras do rural galego.

Obxectivos

Faro

  • A Agrupación de Empresas Turísticas pretende desenvolver en cooperación novas ferramentas e modelos de traballo para mellorar a súa competitividade.
  • Responder ante o cambio que se está producindo na demanda de destinos, onde o turismo de masas da paso a un turismo moi especializado.
  • Traballar conxuntamente tanto a administración pública, as empresas e os profesionais no desenvolvemento de novos atractivos e contidos, dentro do destino.
  • Aproveitar as novas tecnoloxías da información que permitan ao cliente confeccionar a medida os seus paquetes, fronte o actual modelo de tour operación.
  • A promoción das mulleres como axentes de cambio e promotoras dun desenvolvemento económico sustentable.