Obradoiro de Emprego: Son, Imaxe e Comunicación

Cofinanciado por:
Cofinanciado por:

¿Estás desempregad@ e tes entre 16 e 29 anos?. Participa no noso Obradoiro de emprego. Poderás adquirir competencias que mellorarán as túas oportunidades de emprego. E ademáis, terás a posibilidade de acceder a unha estancia de prácticas no estranxeiro ou á nosa mediación laboral para que poidas conseguir un contrato de traballo. Inscricións ata cubrir prazas no 981 817 000, 981 223 927 ou no formulario da Web.  É de balde.

 

banner-eoi

 

Cal é o obxectivo?

 

Dar un pulo ao teu futuro. Queremos axudarche na túa transición ao mundo laboral, tanto se aínda non tes claro qué camiño queres seguir como se xa estás a pensar en acceder a un emprego.

Que che ofrecemos?

 

Un Obradoiro formativo de iniciación no ámbito do son, a imaxe e a comunicación. Mellorarás as túas competencias a través destas temáticas: creatividade, traballo en equipo, liderado, …

Pero OLLO, hai máis. Tras completar o programa, se che interesa, existe a posibilidade de que…

  1. Disfrutes dun período de prácticas formativas de 1-2 meses nalgún país europeo, unha experiencia incríble!.
  2. O equipo de proxectos de Emprego da Fundación Paideia te axude a atopar un traballo na nosa rede de empresas colaboradoras.

Acceder a estas posibilidades, dependerá da valoración que fagamos da túa participación no Obradoiro. Esfórzate ao máximo!.

En qué consiste?

 

É un programa de 10 horas de titorías individuais e 100 horas de formación grupal (16-20 persoas).

Non queremos aburrirte, trátase dun obradoiro práctico. Cremos que a diversión e o aprendizaxe poden ser compatibles.

Onde e cando?

 

Lugar: Padrón – Barbanza.

Data prevista: Outubro-Novembro 2017
 

Que contidos ten o programa?

  • Obradoiro de DJ
  • Obradoiro de Radio
  • Percusión e Ritmo
  • A orixe da música
  • Rexistro do Son
  • Paisaxe e Espazo sonoro
  • Elaboración de Video-currículo
  • Obradoiro de Curtas
  • Imaxe en movemento
  • Obradoiro de Videoclip
  • … e máis temas relacionados co son, imaxe e comunicación

 

Ademáis, falaremos sobre o que debes saber sobre  o eido laboral, a través de visitas formativas a empresas, e charlas sobre emprendemento, procura de emprego (cartas de motivación, CV, …), procesos de selección (role-playing de entrevistas, …), idiomas, resolución de conflictos, xénero, …

A quen vai dirixido?

 

A ti! Estamos á procura de moz@s con interés por  aprender e superarse. O único requisito para participar é estar desempregado, ter entre 16 e 29 anos e estar inscrito no Sistema de Garantía Xuvenil.

Non te preocupes polo teu nivel formativo, priorizamos a participación de xóvenes con Educación primaria, ESO, Formación Profesional, Bacharelato, … E tampouco necesitas coñecementos previos na materia!

 
 

Canto custa participar?

Para ti, é de balde. A Asociación de Desenvolvemento Local DELOA, a Fundación Paideia e a Escuela de Organización Industrial, a través do FSE,  encárganse diso.

Poden solicitarse bolsas de transporte para cubrir o gasto do desprazamento ao Obradoiro.

**Bota unha ollada máis abaixo ás fotos e testemuñas de participantes en anteriores edicións**

CONTACTA se queres participar.