O xoves 8 de marzo de 2018, ás 20.30 h, terá lugar na sede da Asociación Boirense de Empresarios (ABE), a segunda sesión informativa das axudas LEADER, destinadas á execución de proxectos de desenvolvemento rural e xestionadas pola Asociación de Desarrollo Local DELOA. Durante a mesma difundiranse as axudas dispoñibles para PEMES, emprendedores e asociacións dos concellos de Boiro, Dodro, Lousame, Muros, Noia, Outes, Padrón, Pobra, Son Rianxo, Ribeira e Rois.
Se tes un proxecto empresarial ou de interese público podes optar as axudas LEADER e dende Asociación de Desarrollo Local DELOA informaráseche das posibilidades de axuda existentes e da súa tramitación.
INSCRÍBETE no formulario que aparece máis abaixo nesta página.
Para máis información, poden dirixirse a:
Asociación de Desarrollo Local DELOA
Lugar de A Escravitude, s/n.
- Padrón. A Coruña
Teléfono
981 817 000