O vindeiro 17 de xullo de 2018, no Concello de Riveira, dará comezo o Taller de Xestión e Produción de Festivais Musicais, dirixido a mozos e mozas de entre 16 e 29 anos, residentes en Galiza e inscrit@s en Garantía Xuvenil, interesados/as na xestión e produción de festivais musicais.
O taller concíbese coma un programa de formación socio-ocupacional para aqueles /as mozos/as que queiran iniciarse na industria musical emprendendo ou dinamizando: local ou comarcalmente a súa área de residencia. Ten como obxectivo desenvolver competencias, coñecementos e aptitudes específicas de cara á organización e xestión de festivais musicais. É unha formación presencial e gratuíta que abrangue varios bloques temáticos: xestión, programación, produción; marketing; promoción; lexislación…
Este proxecto está enmarcado nun convenio específico entre a Escuela de Organización Industrial (EOI) e a Asociación DELOA, en colaboración co Concello de Riveira e co financiado polo Fondo Social Europeo.
PRESENTACIÓN E INSCRICIÓNS PRESENCIAIS:
Xoves, 12 de xullo ás 12:00H no Centro Cultural Lustres Rivas
(Rúa Manuel Lustres Rivas 20, 15960 Riveira, A Coruña)
INSCRICIÓNS ONLINe:
https://www.paideia.es/taller-gestion-y-produccion-festivales/ ou no nº de telf. (+34) 981 817 000