Tecendo Cultura, desenvolveuse como un proxecto de traballo en rede, promovido por catro Grupos de Desenvolvemento Rural. O proxecto busca a formación en cultura e en produción cultural no rural con parámetros da sustentabilidade e o impulso de espazos de diálogo, escoita e participación das comunidades locais.
GDR SOCIOS (4): Asociación de Desarrollo Local Deloa, Asdecomor, Comarca de Lugo e Ribeira Sacra-Courel.
Actividades Realizadas
Realizáronse catro experiencias-iniciativas de éxito en emprendemento cultural, en música, arte, artesanía, gastronomía, nos ámbitos territoriais dos GDR´s implicados.
Xornada Terras que contan, terras que son contadas. Ordes, 30 de marzo de 2023.
Xornada Cultura e gastronomía. Territorios que alimentan comunidade, diversidade, sustentabilidade. Ribas de Sil, 14 de abril de 2023.
Xornada Camiños de identidade. Artesanía, entre o antes e o agora. Friol, 29 de abril de 2023.
Xornada O bo pan de cada día: comensalidade, cultura e comunidade. A Pobra do Caramiñal, 1 de xuño de 2023.