TURISMO REXENERATIVO

DATA E HORA

    18 de xuño de 2021 | 19:00 a 21:00

LUGAR

      Centro Náutico do Freixo – Concello de Outes
    Aforo Limitado

Tema da xornada

O concepto “rexenerativo” parte da idea de crear condicións propicias para a vida dos hábitats e das persoas. Unha cultura rexenerativa inspírase no modelo de funcionamento da Natureza, permitindo que a actividade humana e os modelos produtivos estean en harmonía cos ecosistemas.
O ámbito local e a innovación social son uns dos principais camiños para ir construíndo un modelo de actividade turística integral, creadora de sinerxias e sustentabilidade económica, social e medioambiental.
Na xornada preséntanse experiencias concretas e reflexións para un deseño ecosocial da actividade turística. Así mesmo, presentarase unha iniciativa de carácter local e apoiada en recursos e características do territorio.

PROGRAMA

19:00 PRESENTACIÓN DA XORNADA

  • Manuel González. Alcalde do Concello de Outes.
  • Paca Gago. Xerente da Asociación de Desarrollo Local Deloa..

19:10 – 19:30 A ESTRATEXIA GALEGA DE TURISMO 2021-2023

Nava Castro
Directora de Turismo de Galicia.

19:30 – 20:15 MESA DE DEBATE: O CAMIÑO CARA UN MODELO TURÍSTICO REXENERATIVO E INTEGRAL

Lucía Freitas
Chef de A Tafona.

Silvia Barreiro
H4 Soluciones, especialistas en hostalería e turismo.

20:15 – 20:45 QUENDA DE PREGUNTAS E DEBATE CO PÚBLICO

20:45 – 21:00 PRESENTACIÓN CASO PRÁCTICO

Antonio Rodríguez
Proxecto emprendedor, TREMUZO Aventura e Patrimonio.

Modera:
Cesáreo Pardal
Presidente do Clúster de Turismo de Galicia e membro da Xunta Directiva da Asociación de Desarrollo Local Deloa.

El Aforo está completo, completa este formulario para inscribirte en la lista de espera.

Ha finalizado el plazo de inscripción para este evento.