A formación, a inserción laboral e o intercambio de experiencias serán os tres grandes eixos da xornada.
Entre as e os relatores das mesas redondas estarán presentes representantes da administración de Galicia e da empresa privada, así como mozas que participaron na formación sociocupacional.
O próximo 14 de setembro en horario de 12.00h a 14.00h terá lugar na sede de Fundación Paideia en A Coruña, a xornada “Xuventud-Emprego. Experiencias e Oportunidades”.
Son accións de formación socio-ocupacional, dirixidas a incrementar as oportunidades de emprego a mozos e mozas inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil, no marco do convenio de colaboración entre a Escuela de Organización Industrial (EOI) e a Asociación de Desarrollo Local DELOA, dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, vinculado á “Iniciativa de Emprego Xuvenil (YEI)” do Fondo Social Europeo 2014-2020.
Baixo este convenio, desenvolvéronse SETE (7) talleres socio-ocupacionais polos que pasaron 125 mozos e mozas, 40 docentes e 46 empresas.
Expúxose a necesidade de que os mozos vivisen de forma máis práctica o contacto coas empresas, ademais de coñecer a importancia do networking. Os mozos poderán reunirse con expertos e asistir ás mesas redondas, ademais de compartir as súas inquietudes con outras persoas na súa mesma situación. O acto contará coa asistencia de Covadonga Toca Carús, Secretaria Xeral de Emprego e será moderado polo xornalista e presentador Rodrigo Vázquez. Tamén participarán no evento diferentes empresas e inversores do sector musical e cultural.
Máis información e inscricións a través do teléfono 981 817 000 ou do correo electrónico talleresjuventud.deloa@eoi.es.
