Xardín botánico da Fundación Paideia (La Esclavitud, Padrón)

A Fundación Paideia Galiza é una entidade privada sen ánimo de lucro, constituída en abril de 1986 como un espazo aberto á formación, á investigación e á intervención no eido das ciencias humanas e sociais. A súa sé principal está situada en A Coruña, y posúe ademais unha sede comarcal en La Esclavitud,  no concello de Padrón (A Coruña), na que se atopa o Xardín botánico.

A finca foi, en orixe, o monte pertencente á antiga casa reitoral de A Esclavitude. Tratábase dun terreo pedregoso, cunha pendente moi pronunciada e escaso chan. Ten unha superficie irregular de sete mil seiscentos sesenta e cinco con sete metros cadrados (7.665,7 m²) . Está enclavada nun lugar cun alto valor patrimonial, no só pola súa proximidade a Santiago de Compostela (a menos de 20 km.), senón porque diante dela transcorre el Camiño de Santiago (Camiño Portugués). Ademais está situada ao lado do santuario da Esclavitude, un edificio de estilo barroco da escola compostelán que data do século XVIII. Xunto ao Santuario, e a pé da finca, atópase un cruceiro rodeado dunha antiga arboredo.

En 2003 púxose en marcha un proxecto para a recuperación, o acondicionamento, a repoboación e a explotación para uso público da finca da antiga casa reitoral de A Esclavitude con fins didácticos, ambientais, e de esparexemento e recreo.

Mención especial merece a supresión de barreiras arquitectónicas a través da colocación dun elevador que facilita o acceso ao público en xeneral (comunidade escolar, maiores, turistas…)

No seu momento tratouse dun proxecto innovador na zona, posto que supuxo a recuperación dun bosque autóctono e simultaneamente contribuíu a harmonizar o contorno coa singularidade das edificacións (santuario de A Esclavitude e antiga casa reitoral).

A recuperación deste espazo redundou nunha mellora das condicións ambientais da zona -acondicionamento do terreo e demolición e retirada de muros de ladrillo de pésima calidade material e estética-, e tamén na mellora de elementos de construción civil e arquitectónica -restauración de muros de mampostería ordinaria tradicional, colocación de elementos de peche practicables e formación de pasarelas.

En concreto, a finca repoboouse con vexetación (arboredo, arbustos…) autóctona da zona, destacando árbores históricos moi pouco evolucionados (p. ex. o ginkgo) e variedades de especies de zonas ácidas como as ericas (vulgarmente coñecidas como breixos) e fentos. Unha colección a modo de pequeno botánico monográfico de breixos constitúe a particularidade do proxecto, con cerca de 40 variedades, que a pesar de estar moi presentes na paisaxe natural galega, non soen formar parte da decoración dos xardíns de Galicia. Entre outros elementos conta con terrazas-miradoiros convertibles en diversas funcións (zonas para contemplación da paisaxe, de elementos culturais e relixiosos, e aulas para didáctica da natureza e medioambiental).

Variedades de plantas

Ubicación:

Fundación Paideia Galiza
Lugar de la Esclavitud, s/nº
Sta. María de Cruces
15980 Padrón
(A Coruña)

Teléfono: 981 817 000

Horarios de visita

O xardín botánico de Paideia está aberto ó público en horario de oficina:

Mañás: luns – venres: 09:00-14:30

Tardes: Luns, martes e xoves: de 16:00 a 18:30 horas. Mércores: de 15:00 a 17:00 horas. Venres: pechado.

En Xullo e Agosto

luns – venres: 09:00-14:00

No caso de grupos é necesario concertar a visita con antelación (981 817 000).