Xestión da Sustentabilidade en Eventos Culturais con Espectáculos en Vivo en Espazos Rurais

A finalidade do proxecto é a incorporación dos obxectivos de sustentabilidade en eventos culturais dos territorios rurais con espectáculos en vivo. 

Socios

Integran este proxecto de Cooperación Interritorial 9 Grupos de Desenvolvemento Rural, dos cales 8 pertencen á Comunidade Autónoma de Galicia, e 1 a Extremadura. 

GALICIA
Asociación de Desarrollo Local DELOA (Coordinador)
Asociación Costa da Morte GDR
Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo
Grupo de Desarrollo Rural Ribeira Sacra-Courel
Asociación de Desenvolvemento Rural Terras de Pontevedra Norte
Grupo de Desenvolvemento Rural Salnés-Ulla-Umia
Asociación para o Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea
Asociación de Desenvolvemento Rural Comarca de Ourense
EXTREMADURA
Asociación para la Promoción y el Desarrollo Rural del Geoparque Mundial de la UNESCO de Villuercas Ibores Jara. APRODERVI

Ademais dos socios integrantes, colaboran economicamente a Fundación Paideia Galiza e a entidade financeira Kutxa Bank, aportando entre ambas o 10% do total do proxecto.

Actividades Realizadas

Diagnóstico dos eventos dos territorios rurais. Elaborado a partir do traballo de campo realizado. Este traballo consistiu en entrevistar aos promotores dos eventos previamente seleccionados mediante unha enquisa semidirixida. Realizáronse un total de 18 entrevistas, dos eventos por cada GDR socio no proxecto. O informe final, que leva por título CULTURA RURAL SOSTENIBLE, mostra a perspectiva dos promotores comunitarios sobre os eventos rurais con espectáculos en vivo.

Libro Diagnóstico Proxecto Cooperación Deloa

Implementación nos eventos dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

Elaborouse unha folla de ruta que contén o seguinte:

  • Estudio dos ODS que poden ser susceptibles de aplicación aos eventos seleccionados.
  • Identificación dos ODS a implementar nos eventos e vinculación destes cos obxectivos xerais e específicos do proxecto.
  • Xustificación dos ODS seleccionados para implementar nos eventos.
  • Análise dos eventos seleccionados polos GDRs socios.
Hoja De Ruta Cooperación Deloa

Xornada “Micro” Estratexias no desenvolvemento sostible. Noia. 19 de novembro de 2021

Programa

Xornada Diálogo sobre Cultura Rural Sostible. Festival de la Luz. Boimorto. 28 de agosto de 2022

Programa

Xornada sobre Cultura Rural Sustentable. Padrón. 30 de setembro de 2022

Programa