A Asociación de Desarrollo Local Deloa, en colaboración co Concello de Outes e a Fundación Paideia Galiza, presenta unha xornada sobre Turismo dentro do ciclo “CARA UNHA ECONOMÍA LOCAL REXENERATIVA”.
Con esta xornada queremos reflexionar e debater sobre como facer unha formulación de MODELO DE TURISMO SOSTIBLE e, incluso REXENERATIVO.
Será o VENRES 18 DE XUÑO, de 19:00 a 21:00 no Centro Náutico do Freixo ( concello de Outes).
Participarán Nava Castro, Directora de Turismo de Galicia, presentando a Estratexia Galega de Turismo e haberá unha mesa de debate con Lucía Freitas, Chef da Tafona e Silvia Barreiro, de H4 Solucións. Por último, Antonio Rodríguez presentará Tremuzo, emprendemento en turismo de aventura e patrimonial. Modera Cesáreo Pardal, presidente do clúster de Turismo de Galicia e membro da Xunta Directiva de Deloa.
Asistencia gratuita.
Prazas limitadas hasta completar aforo.