Terá lugar o 19 de novembro no Concello de Noia
A Asociación de Desarrollo Local Deloa, coordina o proxecto de cooperación interterritorial que leva por título “La gestión de la sostenibilidad en eventos culturales con espectáculos en vivo en espacios rurales”, no que participan un total de nove grupos de desenvolvemento rural, 8 pertencentes á comunidade autónoma de Galicia e un á de Extremadura.
No marco deste proxecto, o día 19 de novembro, levaranse a cabo varias actividades no concello de Noia. Ás 17.00 horas partindo da Igrexa de San Martiño, iniciarase un paseo polo Gótico “Mariñeiro” de Noia, Concha Allut, técnica de cultura do concello, será a encargada de guiar la visita.
Ás 18.30 horas, terá lugar no Edificio Casino, a xornada “micro” estratexias no desenvolvemento sostible, na que participarán como relatores César Martín, xestor cultural e coordinador de auditorio e operacións na Fundación Juan March. Festival DEMANDAFOLK e Cristina Labandeira, fundadora de O Cable Inglés en onde coordina a xerencia, xestión e produción de proxectos e eventos culturais. Como moderador actuará Julio Gómez, xestor cultural e técnico de prevención de riscos laborais. Co-director de Sinsalaudio. Para a inauguración da mesma, contaremos coa presencia de Inés Santé Riveira, Directora da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, que estará acompañada de José Santiago Freire Abeijón, Alcalde do Concello de Noia, e de María Cotón Fernández, Secretaria do Padroado da Fundación Paideia Galiza.
A xornada, pecharase cunha sesión de reciclaxe de residuos mariños, impartida por Gema Neira, que leva por título Residuo = Oportunidade.
Tódalas actividades son gratuítas, previa inscrición hasta completar aforo, na páxina www.deloa.es/es/jornada-sostenibilidad/
CONTACTO
Asociación de Desarrollo Local DELOA | A Escravitude, s/n| 15980| Padrón | A Coruña
981 81 70 00 | deloa@deloa.es | www.deloa.es