O proxecto ten como finalidade intervir no eido da recuperación de paisaxes tradicionais, contribuíndo, entre outros, a desenvolver a mobilidade de terras, a recuperación de cultivos e novas formas de produción en contornos dos núcleos rurais, deseño de cintos verdes, ou inicio de procesos de transición enerxética nas aldeas do rural.
Socios
Integran este proxecto de Cooperación 5 Grupos de Desenvolvemento Rural galegos.
GALICIA |
Grupo de Desarrollo Rural Ribeira Sacra-Courel (Coordinador) |
Asociación de Desarrollo Local Deloa |
Asociación Costa da Morte GDR |
Asociación Terras de Compostela |
Asdecomor |
Actividades Realizadas
O proxecto levouse a cabo co obxectivo fomentar procesos de planificación participada para xerar iniciativas piloto de paisaxes intelixentes nos núcleos rurais dos territorios participantes, sendo a dixitalización unha das claves de deseño de paisaxes intelixentes e multifuncionais, a través da utilización de novas tecnoloxías e a análise de datos. Neste contexto, deseñáronse unha serie de actividades para aumentar a conciencia, coñecemento e intercambio entre saberes expertos científico-técnicos e saberes no terreo sobre este tema, promover a formación e desenvolver un sistema demostrativo de motorización intelixente.
A ferramenta final xerada para o sistema demostrativo é un informe que a través das diferentes fontes de análise ten a capacidade autónoma de realizar unha valoración do risco de incendio inmediato así coma do potencial da voracidade do incendio en función das condicións do entorno.
As actividades desenvolvidas pola Asociación de Desarrollo Local Deloa, no seu ámbito territorial foron as seguintes:
Faladoiro “Extraendo todo o valor dos datos no rural”. Restaurante O Secadeiro, Outes. 19 de setembro de 2023.
Xornada sobre “Aspectos relevantes da dixitalización no ámbito rural: Como aprender sobre a valorización dos datos no sector”. Mazaricos. 26 de setembro de 2023. Incluíu unha visita práctica á Granxa Pazos.
Creación dunha paisaxe intelixente.
A actividade programada pola Asociación Deloa, foi a demostración de monitorización intelixente das condicións de clima, fauna e solo para un mellor manexo da SOFOR (sistema forestal) e aumentar a resiliencia fronte a incendios. O obxectivo desta actividade é ofrecer unha solución innovadora e tecnolóxica que permita aos axentes do rural tomar mellores decisións proporcionando unha ferramenta que a través das diferentes fontes de análise ten a capacidade autónoma de realizar unha valoración do risco de incendio inmediato así como do potencial da voracidade do incendio en función das condicións do entorno.
Para levar a cabo a actividade instalouse un equipo de medida e cámaras de fototrampeo, nunha zona do monte da aldea de Cuns (Outes), propiedade da Sociedade de Montes Sostible de Cuns (SOMOSCuns). Ademais, necesitouse a plataforma Alphacloud para a xestión, análise e visualización dos datos recollidos mediante PowerBI.