A xunta directiva do GDR realizará e remitirá a Agader, tendo en conta o procedemento de selección e priorización de proxectos definido na estratexia, unha única proposta de selección de proxectos motivada.
Dita proposta incluirá unha lista dos proxectos que se subvencionarán, ordenados de maior a menor puntuación e ata o límite máximo do crédito dispoñible para cada tipoloxía de proxectos. En caso de empate de puntos, terá prioridade o proxecto con data e número de rexistro de entrada anterior no rexistro do GDR.
As propostas de resolución de concesión da axuda emitidas pola xunta directiva do GDR, nas que se inclúa unha relación de proxectos para os que se propón axuda, incluirán, no caso de que existan, unha lista de agarda (ordenada de maior a menor prioridade) formada por proxectos que conten co ICE verificado por Agader e para os cales non exista crédito dispoñible na anualidade.