DELOA ANIMA ÁS ENTIDADES DO TERRITORIO A ADHERIRSE AO GDR E A PARTICIPAR ACTIVAMENTE NA ELABORACIÓN DA ESTRATEXIA
• A entidade celebrou a asemblea xeral no Pazo de Goiáns en Boiro, na que se aprobou a presentación da súa candidatura como entidade colaboradora da Agader para a xestión da medida Leader de Galicia 2023-2027.
• Ademais asinouse un convenio de colaboración entre a Fundación Paideia Galiza e os GDR Ribeira Sacra-Courel, Asdecomor e Deloa para poñer en marcha unha acción formativa sobre emprendemento cultural e outro entre a Asociación Deloa e os concellos de Noia, Outes e Porto do Son, para levar a cabo unha residencia artística xuvenil, dirixida á mocidade de entre 16 e 29 anos.