CASA DA MOCIDADE

O proxecto consiste na creación da “Casa da mocidade-fab lab” da Pobra do Caramiñal. Coa intención de crear un espazo destinado ao ocio da mocidade e á súa formación, así como á realización de actividades de todo tipo, de índole socio-cultural ou formativo, que repercutan positivamente na súa integración social.

Pensión da natureza

O proxecto consiste na creación dunha pensión da natureza, que seguirá para a súa construción principios medioambientais e ecolóxicos. Estará integrada por catro aloxamentos, que albergaran dez prazas de aloxamento. Ao mesmo tempo, a Pensión da Natureza, en convenio con empresas de turismo activo da zona, ofrecerá actividades de lecer e de coñecemento, como poden…

Servizo de transporte asistencial

A través deste proxecto vaise adquirir un novo vehículo que permitirá trasladar ás persoas con discapacidade intelectual, autismo e mobilidade reducida de todas as idades, da comarca e sobre todo dos núcleos rurais con máis dificultades de accesibilidade e afastados, teñan un servizo de transporte adaptado en condicións e poidan recibir todos os servizos de…

Apertura de clínica de fisioterapia

O proxecto consiste na apertura dunha clínica de fisioterapia e rehabilitación. O obxectivo é consolidarse como centro sanitario dedicado á aplicación de tratamentos e terapias para a recuperación física, psíquica, social e laboral dos usuari@s. Ofrecéndolles unha serie de servizos de carácter preventivo e/ou asistencial que, ben responderán a servizos puntuais ou a un tratamento.…

Obrador de masas conxeladas doces e salgadas

O proxecto consiste na compra dunha nave existente no polígono industrial de Augalevada e na compra de maquinaria e equipamento para a posta en marcha dun obradoiro para a elaboración de masas conxeladas para a fabricación de empanadas, empanadillas, follados, masa danesa e tortas sen conservantes nin aditivos. Promotor:  DUBRASEDA S.L. Investimento: 319.181,48 € Axuda…