O proxecto A MACETA é un espazo de coworking de 40 m2 cunha mesa central de traballo colectivo, pero coa posibilidade de traballar de maneira independente. Consta de espazo de lectura, de espazo de traballo, e a posibilidade de facer proxeccións e presentacións. Un espazo de cocreación onde distintos traballadores poidan ter un espazo para traballar, compartir, aprender e formarse.

Pretende ser un espazo de representación de distintos colectivos, que fomente a colaboración e a creatividade, non só a profesionais independentes. Un espazo no que traballar xuntos, para fomentar un estilo de vida sostible desde o desenvolvemento de traballo en equipo. Un espazo, unha maceta, na que plantar sementes xuntas, proxectos e ideas, que logo xerminen. Un dinamizador local que promova a innovación social, ambiental e cultural, desde o local, Muros, ao territorial, Galicia.

Promotor: Alba Fernández Arias.

Invertimento: 52.236,35 euros.

Axuda pública: 22.200,45 euros.

Consolidación de emprego (UTAS): 0.

Creación de emprego(UTAS): 1.

Lugar: Concello de Muros.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published. Required fields are marked *

Post comment