O proxecto consiste na creación dun espazo de descanso e pernoita para o turismo camper de autocaravanas, caravanas e demais vehículos vivenda, con todos os servizos que este tipo de turismo require.
Pretendese crear un espazo que sexa unha referencia para o turismo de autocaravanas, que sería o primeiro da zona. O proxecto pretende coidar o medio ambiente, sendo practicamente independente enerxicamente coa instalación de placas fotovoltaicas, minimizando o gasto en auga con temporizadores en todas as billas, e mimetizando co entorno, pois todos os módulos de servizo estarán rematados en madeira.
Este proxecto ven a cubrir unha necesidade crecente e a resolver os problemas que o crecemento de este tipo de turismo esta creando na comarca.
Promotor: Destino Finisterre, SLU.
Investimento: 292.397,41 euros.
Axuda pública: 120.760,13 euros.
Consolidación de emprego: (UTAS): 1.
Creación de emprego: (UTAS): 3.
Lugar: Goiáns, no Concello de Porto do Son.