PAISAXES INTELIXENTES: A IMPORTANCIA DA RECOLLIDA E ANÁLISE DOS DATOS PARA A TOMA DE DECISIÓNS
No marco do proxecto de cooperación Paisaxes Intelixentes, impartiuse a xornada “Aspectos relevantes da dixitalización no ámbito rural: Como aprender sobre a valorización dos datos no sector”. Antonio Sartal, deunos unha visión xeneralizada da importancia da recollida e análise dos datos.
Una vez finalizada a xornada, coñecemos de primeira man un caso real de aplicación. Para elo desprazámonos á Granxa Pazos, en Mazaricos, co obxectivo de ofrecer unha visión integral da dixitalización no ámbito rural, a través dun proxecto exemplo de valorización dos datos no mesmo.
O proxecto de cooperación Paisaxes Intelixentes, ten por obxectivo intervir no eido da recuperación de paisaxes tradicionais, contribuíndo, entre outros, a desenvolver a mobilidade de terras, á recuperación de cultivos e novas formas de produción en contornos dos núcleos rurais, deseño de cintos verdes, ou inicio de procesos de transición enerxética nas aldeas do rural. O proxecto está coordinado polo GDR Ribeira Sacra-Courel, e no que participamos como socios os GDR, Asociación de Desarrollo Local Deloa, Costa da Morte, Asdecomor e Terras de Compostela.