A Asociación de Desarrollo Local Deloa, organiza a xornada “OPORTUNIDADES DE EMPREGO NO RURAL GALEGO”, que terá lugar no Centro Social do Concello de Boiro, o venres día 12 de marzo de 18.00 a 20.15 horas.
Na mesma exporanse experiencias prácticas no sector agroalimentario da man da Comunidade de Montes de Baroña, Fogar do Santiso e A Meixoeira.
Informarase sobre o taller Emprégate en Verde, posto en marcha ao abeiro do convenio asinado entre a Escuela de Organización Industrial e a Asociación Deloa, dirixido a mozos/as de entre 16 e 29 anos, inscritos no sistema de garantía xuvenil.
A xornada, que contará cun taller práctico impartido por Margarita Fraga, Directora Técnica do Laboratorio de Biotecnoloxía Vexetal CULTIGAR, estará dirixida por Manuel Cruz, Xornalista e Director dos programas “ O Agro” e “A Labranza” da TVG. O grupo “Os Monifates”, gañadores de Interritmos: Sons no Rural, encargaranse de por a nota musical na xornada.
Prazas limitadas hasta completar aforo.
Máis información e inscricións:
https://www.deloa.es/xornada-oportunidades-de-emprego-no-rural-galego-gal/